REINICIO DA ACTIVIDADE NA PISTA POLIDEPORTIVA DO MUELLE.

A partir deste venres, día 11 de setembro, todas as veciñas e veciños de Pontecesures poderedes disfrutar das instalación deportivas situadas ó final muelle, recentemente reformadas e onde estreamos a nova pista de pádel.

O recinto permanecerá aberto para todos aqueles usuarios que querades facer deporte e vida sana, aproveitando tamén o bo tempo.

Para reservar turno  na pista de pádel ou para o empréstito da rede de tenis, podes chamar ás oficinas do Concello en horario de atención ao público, de luns a venres de 9.00h a 14.00h.

Pregamos fagades un uso responsable das instalacións e o seu equipamento, que son de todos e todas.

 

TRABALLOS DE MANTEMENTO E ADECUACIÓN DO CPI DE PONTECESURES A REALIDADE COVID19

Estes días pasados persoal do Concello de Pontecesures realizou traballos de mantemento e adecuación das instalación do CPI á nova realidade COVID .

Delimitáronse zonas de tránsito para evitar aglomeracións e o contacto entre os grupos de convivencia estable.

Adxuntase o enlace do CPI Pontecesures para a organización escolar que se vai a levar a cabo e as medidas de seguridade a empregar:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpipontecesures/node/343

El Concello de Pontecesures valora hacer pruebas PCR a todo su personal ante el número de positivos registrados.

Daba la voz de alerta, ayer, el PSOE de Valga, citando fuentes del Servizo Galego de Saúde: «Hoxe hai confirmados doce casos de covid-19 en Valga, e o goberno local aínda non se pronunciou», decían en un comunicado de prensa los socialistas. Desde el Concello matizan: son doce los casos confirmados que dependen del centro de salud de Valga, pero «non son doce contaxios en Valga, son menos. O feito de que dependan do centro de saúde non significa que sexan veciños do municipio».

De hecho, del centro de salud de Valga depende también el vecino Concello de Pontecesures, cuyo alcalde reconoce que, a estas alturas, el número de casos positivos de covid-19 está por encima de los seis confirmados la pasada semana. Lo que no ha cambiado, al menos, es el estado de esos pacientes, que según la información que maneja están en sus casas y presentan una sintomatología leve.

Pese a todo ello, el número de positivos registrados en el municipio es más que suficiente para extremar todas las precauciones. Y en ello está el gobierno local. Según explicó Juan Manuel Vidal Seage, se han dado instrucciones a la Policía Local para que extreme la vigilancia y el control sobre comportamientos incívicos que se puedan producir en las calles. Porque, aunque en general los vecinos están actuando con responsabilidad, «sempre hai quen non entra polo aro». En ese sentido, se extremará el control sobre las terrazas de los locales de hostelería para comprobar que se cumple la separación entre mesas y otros requisitos.

Pero esa no es la única medida que tiene previsto implementar el Concello de Pontecesures. El alcalde está valorando la posibilidad de realizar pruebas a todos los trabajadores municipales. «Foi unha proposta que nos plantexou un sindicato e estamos vendo se é conveniente e posible facelo», dice el regidor cesureño. A fin de cuentas, recalca que el personal municipal está en contacto directo con mucha gente, por lo que de existir un positivo podría convertirse en un agente de contagio importante.

El blindaje del colegio ante la inminencia del inicio de curso, los trabajos de limpieza y la búsqueda de fondos para poder hacer frente a las situaciones imprevistas que se puedan seguir dando son otras cuestiones que dirime la alcaldía.

Más allá de la situación que atraviesa Pontecesures, el PSOE informaba ayer de la existencia de doce casos confirmados del covid-19 en Valga. Los socialistas consideran que el gobierno local «está sobrepasado e, ante a súa pasividade, considéroo deslexitimado. O alcalde xa demostrou a súa incapacidade para xestionar. Negouse a crear a comisión de seguimento, a crear axudas e un plan de reconstrución. Non informa da evolución da pandemia, e incluso, con total imprudencia, chegou a dar nomes e apelidos dos afectados. Os veciños precisan dun gobernante serio e centrado».

La Voz de Galicia

O Concello de Pontecesures reclama á Deputación melloras na sinalización da Avenida dos Namorados.

Tense observado que hai un número elevado de camións de grandes dimensións que de maneira errónea entran na Avda dos Namorados, vial de titularidade da Deputación de Pontevedra, levados erroneamente polas indicacións de dispositivos GPS, con dirección á factoría de Nestlé.

Este feito está a provocar inconvenientes na seguridade da vía, xa que dito vial desemboca na Praza dos Valeiros, que non ten saída e na que é imposible facer un cambio de sentido, polo que ser ven obrigados a circular durante todo o percorrido en sentido de marcha atrás ata a rotonda da estrada PO-548.

A fin de garantir un uso axeitado da vía para as tonelaxes e a tipoloxía de vehículo para a que foi concibida, o Concello de Pontecesures enviou un escrito á Deputación de Pontevedra solicitando melloras na sinalización qeu eviten confusións e atrancos por parte de estes vehículos pesados e se mellore a seguridade na circulación para o resto de vehículos e peóns que discorren por dita vía.

Axudas en Pontecesures para fomentar a igualdade.

A Deputación de Pontevedra vén de conceder subvencións por un total de 29.323 euros a seis concellos da comarca de Ulla-Umia coa finalidade de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero.

En concreto, serán os concellos de Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga os que se beneficien destas achegas, coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

Caldas contará con 6.000 euros, que destinará á realización de varias accións de prevención e sensibilización, como teatro ou campañas de publicidade. Para Moraña foron aprobados 3.924 €, cos que o concello realizará o proxecto A árbore da igualdade. Igualdade e novas tecnoloxías.

No que respecta a Pontecesures, a vila desenvolverá un programa de emprendemento e inserción laboral para mulleres cos 4.454 euros que lle achegará a Deputación. Para Portas o ente provincial aprobou 4.026 €, que irán destinados a avaliar o seu primeiro plan de igualdade e realizar o segundo.

Valga, pola súa parte, levará a cabo un proxecto de empoderamento de mulleres con sesións semanais grupais que inclúen traballo ca comunidade educativa grazas a unha achega de 5.605 euros.

El Correo Gallego