A Carreira Popular de Pontecesures recadará fondos para os orfos do triplo crime de Valga.

O Concello cesureño converte a súa proba deportiva nun altofalante da loita contra a violencia machista nunha vixésima edición marcada pola renovación.

A Carreira Popular de Pontecesures encamíñase cara a súa vixésima edición. E o seu organizador, o Concello, quixo aproveitar un número tan redondo para poñer un punto e aparte, e abrir un novo capítulo que relance a proba atlética decana do Baixo Ulla. Dotándoa dun profundo fondo social máis aló do deporte; e enriquecendo o seu formato. Cambios con vocación de continuidade no tempo, explica a concelleira de Deportes do municipio cesureño, Laura Villar, e que este ano suman o troco de datas da carreira, que pasa da súa tradicional programación no último mes do calendario á mañá do domingo 12 de xaneiro, nun xogo de cifras: «La idea fue hacer coincidir la 20ª. edición con el 2020».

Máis aló deste toque de márketing, o gran xiro da Popular de Pontecesures vén pola «introdución como novidade do compoñente reivindicativo na loita contra a violencia de xénero e a solidariedade coas súas vítimas» incluída nas bases da proba. Unha solidariedade que este ano se concentrará na recadación de fondos para os dous nenos orfos de nai, de tía e de avoa tras o asasinato o pasado mes de setembro de Sandra e de Alba Boquete, e da nai de ambas as dúas, María Elena Jamardo, a mans do marido da primeira e pai dos rapaces, José Luis Abet. Aos nenos irá destinado 1 dos 6 euros que lle custará a inscrición a cada corredor das categorías júnior (nados entre o 2001 e 2004), sénior e másteres. Ademais, informa Laura Villar, o Concello dará o día da proba a posibilidade de facer doazóns a maiores. Todo o recadado será posteriormente «transferido a la cuenta del abuelo de los niños, su tutor legal», explica a concelleira de Deportes, cuxo departamento incorporou nesta edición «Run for Them» -corre por eles en inglés- ao nome da XX Carreira Popular. «Hasta ahora la Carreira Popular era solo un evento deportivo. Nuestra intención es convertirla además en una forma de ayudar a nuestros vecinos. Darle un componente solidario, que queremos consolidar en las siguiente ediciones», apunta Villar.

Polo que respecta ao formato, a gran novidade é que a proba pasa dunha única distancia para os atletas das categorías júnior, sénior e másteres, a ofertarlles a opción de correr 4 ou 8 quilómetros, con cadanseu podio e trofeos. Un cambio co que «queremos darle opción a todo el mundo», di a responsable de Deportes de Pontecesures, toda vez que a distancia de anteriores anos, 9 quilómetros no 2018, tería botado para atrás, cre, a unha parte dos afeccionados.

Dez categorías

A XX Carreira Popular-Run for Them de Pontecesures contará con 10 categorías e seis distancias: biberón (nados no 2015 e posteriores, 200 metros), pitufos (2013-14, 500 ms.), benxamín (Sub-10, 1.000 ms.), alevín (Sub-12, 1.000 ms.), infantil (Sub-14, 1.800 ms.), cadete (Sub-16, 1.800 ms.), júnior, sénior e máster A (1975-1984) e B (anteriores a 1974).

A inscrición, aberta ata o 9 de xaneiro na web de emesports

A inscrición na XX Carreira Popular de Pontecesures-Run for Them xa está aberta, podendo rexistrarse nela calquera corredor, teña ou non licenza federativa, ata o 9 de xaneiro, ás 23.59 horas. Deberá facelo a través da web www.emesports.es. A inscrición é gratuíta para as categorías biberón, pitufos, benxamín, alevín, infantil e cadete, e custa 6 euros para as das distancias 4K e 8K, 1 destinado aos orfos do triplo crime de Valga. Con saída e con chegada na Praza do Coche de Pedra do concello cesureño, sobre un circuito urbano, os participantes na proba poderán retirar os dorsais desde as 9.30. Hora e media despois daráse o pistoletazo ás categorías maiores, sucedéndose as saídas do resto desde as 11.45 ás 12.40, en orde decrecente por segmentos de idade. Ademais dos habituais trofeos e medallas, a organización premiará con 300, con 200 e con 100 euros aos tres mellores clubs, debendo competir estes con a lo menos oito atletas para aspirar ao reparto.

La Voz de Galicia

CANCELASE O MERCADO DE NADAL NA PLAZUELA

Motivado pola declaración da Dirección Xeral de Emerxencias da ALERTA LARANXA en toda a Comunidade Autónoma de Galicia, que pasará a VERMELLO nas primeiras horas de esta tarde, a fin de garantir a seguridade en todos os eventos que o Concello leva a cabo, procedemos a cancelar o Mercado de Nadal da Plazuela agardando retomalo novamente cando as condicións meteorolóxicas o permitan.

Bello Maneiro justifica la renuncia al GES en que no cumplió objetivos.

«Nos anos en que estivo en funcionamento o GES de Valga non se cumpriron os obxectivos nin as expectativas creadas». Así se lo aseguró ayer el alcalde de esta localidad, José María Bello Maneiro, a la portavoz del PSOE, María Ferreirós. Fue en el transcurso de una reunión que esta había solicitado para analizar la decisión del Concello de prescindir de ese servicio e intentar convencer al regidor popular de que cambiase de idea. Parece que no lo ha logrado.

Según recalca el gobierno local, cinco de cuyos integrantes participaron en el encuentro celebrado ayer, «o de emerxencias non é un servizo obrigatorio para concellos como o de Valga, senón que é competencia doutras Administracións». El Concello lo solicitó en su día y ha cambiado de idea, pero asegura que en eso no ha tenido nada que ver el conflicto laboral surgido entre trabajadores y Administración local: «Tomouse esta decisión en base á prestación e aos resultados do servizo», que parecen no haber sido satisfactorios para el gobierno conservador que encabeza Bello Maneiro.

La Voz de Galicia

El personal del GES de Valga teme el fin del servicio en la comarca y achaca la situación a las denuncias laborales.

El gobierno local de Valga ya anunció ayer oficialmente el fin del servicio del GES a partir de las 24 horas del 31 de diciembre de 2019. Desde el ejecutivo que preside José María Bello Maneiro, pero los trabajadores lo tienen claro: La conflictividad laboral, que hace meses que se trasladó a los juzgados.

“Nós entendemos que o fai por as demandas que temos interpostas”, aseguran desde el GES. Por el momento, ya hay una sentencia por las dietas para asistir a cursos, que fue favorable para el trabajador denunciante.

Hay también varias demandas para que se reconozca tanto la categoría laboral como la fijeza, ya que llevan más de tres años contratados. En dos de los casos, el juicio ya se celebró y está pendiente de sentencia. En el resto, las vistas serán en abril y octubre. Además, los trabajadores también recurrieron las sanciones por el Concello en la primavera y las que nuevamente acaban de ordenar desde el gobierno de Bello Maneiro.

En este último caso, el ejecutivo sanciona a los trabajadores porque considera que no cumplieron la orden del 112 de desbrozar el campo donde aterriza el helicóptero. Desde el GES señalan que no hubo tal orden y que, en cualquier caso, no se puede ejecutar en el turno de mañana con un solo operario. “No Concello son coñecedores da nosa dinámica”, apuntan.

Hace ya meses, indican, que tenían pensado dar a conocer su situación públicamente, pero en una reciente reunión el alcalde se habría comprometido, siempre según la versión del GES, a continuar con el servicio, por lo que decidieron paralizar las quejas en aras de llegar a un consenso.

La decisión de renunciar a ser sede del GES les sorprende y preocupa. No ven mucha salida. “Non temos coñecemento de que ningún concello queira o servizo. O que tememos é o desmantelamento” del GES en la comarca de Ulla Umia. En caso de que ese sea el final, los trabajadores tienen claro que recurrirán de nuevo a los tribunales para denunciar el despido. También tienen presentadas varias denuncias ante Inspección de Traballo.

El Concello, por su parte, informa de que los días 21 y 25 no habrá servicio en el turno de tarde por falta de personal, por lo que piden a los vecinos que llamen al 112 en caso de incidencia. La renuncia a ser sede del GES ya fue comunicada a la Vicepresidencia da Xunta de Galicia, solicitando una reunión, así como a la Fegamp y a la Diputación, a la que también reclaman que se haga cargo de la gestión del servicio de emergencias teniendo en cuenta que “Valga é o municipio máis afastado”.

El PP de Caldas lo reclama

Los que ya se posicionaron son los ediles del PP de Caldas, que reclaman que la localidad termal se convierta en sede del servicio supracomarcal. Apuntan que, en esta semana, hubo un incendio y diversas inundaciones.

TERMALISMO SOCIAL IMSERSO 2020.

Dirixido a pensionistas do sistema da Seguridade Social que teñan cumpridos os 60 anos de idade (ou 55 no caso de viuvez).


Prazos de Solicitude:
– ata o 10 de xaneiro para as quendas de febreiro a agosto 2020.
– ata o 15 de maio para as quendas de setembro a decembro 2020.


+INFO:Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social
Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 14 horas, e martes e venres de 9 a 14 horas.

 BANDO TERMALISMO SOCIAL IMSERSO 2020
 Formulario de solicitude TERMALISMO SOCIAL IMSERSO 2020
 Listaxe balnearios TERMALISMO SOCIAL IMSERSO 2020