Contaminación de plástico.

SALVADOR GARCÍA-BODAÑO

UNHA grave situación está a ameazar á humanidade e dela está a ser responsábel a propia humanidade. As informacións que se nos veñen proporcionando in crescendo nos medios de comunicación adoitan presentar unhas circunstancias precisas e, cada vez máis, alarmantes no que se refire á crecente contaminación de despoxos plásticos e residuais nas augas mariñas das costas galegas e tamén nas fluviais. Neste senso -e transcribo á nosa lingua orixinaria-, recollo a difusión dese recente comunicado emitido pola Xunta de Galicia dende a Consellería do Mar, e transmitido amplamente dende Portos de Galicia, sobor desa recuperación de arredor de 10.000 quilos de residuos nos fondos mariños do molle do concello pontevedrés de Pontecesures.

Unha boa nova tendo en conta que esa actuación se trata dunha das previstas na nova fase do plan de limpeza de dársenas que o ente público está a desenrolar na provincia de Pontevedra como nas outras dúas costeiras dende hai seis anos “co fin de lograr molles máis sostibles dende o punto de vista ambiental”. Neste senso, o presidente do ente público, José Juan Durán, explicou que “esta actuación mellora a seguridade nas augas interiores e impulsa a protección da fauna mariña, que se pode ver afectada pola acumulación de residuos nos fondos mariños”. Unha actuación que é absolutamente necesario fomentar e expandir por tódolos concellos do litoral para evitar a mortífera contaminación dos ámbitos marítimos con sustancias e obxectos destrutivos da súa fauna.

En National Geographic co título ¿Planeta ou plástico? dísenos (traduzo): “Cada vez máis empresas únense á loita contra o exceso de plástico nos océanos. Zapatillas e camisetas fabricadas a partires de redes de pesca vellas, envases biodegradábeis, empaquetados ecolóxicos…”. “O problema do plástico -ao que inicialmente fixen referencia- é un problema global que nos atinxe a todos. En pouco máis de 50 anos, o uso de plástico en tódolos ámbitos da nosa vida aumentou exponencialmente e todas as industrias úsano para crear os seus produtos: dende o sector da automoción ata a industria téxtil, a construción e, por suposto, as embalaxes da comida dos supermercados. Estes materiais, en moitas ocasións, teñen unha vida moi curta, pro botan centos de anos en se degradar e rematan contaminando o medio ambiente”. Conforme se indicou en roda de prensa coa directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta, Cruz Ferreira, e o director de xestión local e autonómica da empresa Ecoembes, Ángel Hervella,

Galicia é a que máis medrou, porcentualmente, a reciclaxe de envases lixeiros e de papel e cartón no ano 2018, se ben por baixo da media española A subida porcentual da reciclaxe foi dun 11,1% fronte a 2017, a maior dende que se empezou a reciclar. Hoxe Galicia anda polo cento (97?) de Empresas de Xestión de residuos e reciclado. Do prazo da UE para acadar no 2020 o 50% do reciclaxe xa é imposíbel. Os gobernos teñen que actuar de firme e a sociedade tamén.

Da Real Academia Galega

El Correo Gallego

COMEZO DO CAMPAMENTO DE VERÁN 2019 EN PONTECESURES.

Esta semana deu comezo o  Campamento de Verán organizado polo Concello de Pontecesures. A actividade, con grande éxito de acollida ao contar con mais de 60 participantes nesta primeira quenda, vai dirixida a nenos de 3 a 12 anos e a súa finalidade é a de proporcionar de xeito gratuito, para aqueles nenos e nenas empadroados no concello, alternativas á conciliación familiar e laboral ás familias de Pontecesures e concellos veciños na época estival.

Durante todo o verán,  os cativos e cativas  disfrutarán dunhas xornadas de lecer que lles darán a oportunidade de  coñecer diferentes áreas do noso concello ao tempo que se fomentan hábitos de cooperación e convivencia, así como de educación ambiental, educación en valores, emocional e en igualdade.

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN DO CONCELLO DE PONTECESURES CON MOTIVO DO PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Concello de Pontecesures, en colaboración coa Secretaría de Estado de Servicios Sociais e Igualdade, e a Delegación do Gobierno para a Violencia de Xénero; e con motivo do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero, a partires deste mércores día 3 de xullo, poñerá a disposición dos seus veciños a través dos establecementos comerciais máis de 600 mochilas, de xeito gratuito, ademáis de material informativo nunha campaña que pretende sensibilizar e concienciar a toda a sociedade deste problema que nos implica a todas e a todos.

CAMPAMENTO DE VERÁN 2019: Convocatoria das quendas do mes de agosto.

Logo de rematado o 1º prazo de inscrición e tendo xa pechadas as dúas quendas do mes de xullo, ábrese o prazo de inscrición para as quendas do mes de agosto que será do 1 ao 23 de xullo. Tendo en conta o seguinte:

  1. Tódolos nenos e nenas (tanto empadroados/as como os/as que non) que xa fixeron inscrición para quendas de agosto no 1º prazo (do 19 ata o 27 de xullo) non teñen que volver a facela.
  2. Actualmente hai 30 inscritos para a 3ª quenda (1-15 agosto) e 36 para a 4ª quenda (16-31 agosto), polo que faranse novas inscricións ata completar o máximo de prazas (60).
  3. Ao igual que no 1º prazo terán prioridade as nenas e nenos empadroad@s(1) en Pontecesures.
  4. (1) A condición de empadroamento deberá ser anterior ao 19 de xuño de 2019 (data de inicio do 1º prazo de inscrición).

Non será necesario aportar certificado de empadroamento (comprobarase internamente no padrón municipal de habitantes).

FORMALIZACIÓN DA SOLICITUDE. A petición de admisión no servizo realizarase cubrindo a ficha de inscrición e aportando a documentación que se require en dita solicitude que poderán recoller nas dependencias do Concello de Pontecesures sita na Av. de Vigo, 2 – Pontecesures, tfno. 986 564 410 en horario de 9 a 14h.

FORMA DE PAGO (Nen@s non empadroad@s da lista de espera).  Farase unha vez finalizado o prazo de inscrición, cando se conceda a praza definitivamente. O pago realizarase por transferencia ou ingreso no número de conta que se indicará no momento da concesión da praza, especificando o nome do usuario e a quenda na que participa. Deberase entregar o resgardo do ingreso para adxuntarllo a folla de inscrición.