ACTUACI?N DE ASFALTADO E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA EN 10 R?AS

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de asfaltado e mellora da seguridade viaria en 10 rúas e camiños municipais, actuacións necesarias para conservar e mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se vai actuar.

As obras consistirán na mellora do firme en cinco camiños (Mimosas, travesía entre avda. Namorados e avda. de Arousa, Regadío, Condide e Grovas), que xa contan cun pavimento asfáltico, pero moi deteriorado; na pavimentación dun camiño (camiño á rúa Mimosas) que actualmente se atopa en terra, e na execución dunha nova capa de pavimento de formigón sobre o pavimento existente, en mal estado, nun pequeno tramo da rúa Fontaíña.

Ademais disto, executaranse catro pasos de cebra elevados (badéns), un na rúa Portarraxoi, dous na rúa San Lois e un na rúa Sagasta, cos que se pretende mellorar a seguridade viaria mediante a redución da velocidade, ao mesmo tempo que mellorar a accesibilidade para os peóns.

As zonas de actuación as denominaremos da seguinte maneira:

Zona Rúa Tipo de actuación
01 Rúa das Mimosas Mellora do firme (asfalto)
02 Travesía Avdas Namorados e Arousa Mellora do firme (asfalto)
03 Pista do regadío Mellora do firme (asfalto)
04 Camiño a Mimosas Pavimentación (asfalto)
05 Condide Mellora do firme (asfalto) e saneamento pluviais
06 Grobas Mellora do firme (asfalto)
07 Fontaíña Mellora do firme (formigón)
08 Rúa Portarraxoi badén elevado
09 Rúa San Lois 01 badén elevado
10 Rúa San Lois 02 badén elevado
11 Rúa sagasta badén elevado

As actuacións 01, 02, 03, 05 e 06 consistirán, basicamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluído o rego de adherencia, sobre a capa de aglomerado asfáltico actual, previo recheo das fochancas existentes. A maiores, na actuación 05 (Condide) prevese realizar a recollida de augas pluviais da pista mediante a execución de cunetas laterais de formigón, que se conectarán ás tuberías e cunetas existentes.

A actuación 04 consistirá na pavimentación dun camiño que actualmente se atopa en terra, para o cal previamente se escavará a capa superficial de terra vexetal e se executará unha base de 20 cm de zahorra artificial compactada.

A actuación 07 consistirá na execución dunha nova capa de pavimento de formigón nun pequeno tramo da rúa Fontaíña, aplicada sobre o formigón existente.

En todas estas actuacións se procederá a poñer á nova cota do pavimento as tapas de arquetas, pozos e sumidoiros existentes.

As actuacións 08, 09, 10 e 11 consistirán na execución duns pasos de peóns elevados, en 4 puntos onde actualmente xa existen pasos de peóns. Para isto, ademais de realizar os badéns elevados con aglomerado asfáltico, procederase a reformar as beirarrúas a ambos lados de cada paso, para poñelas á nova cota da calzada. Nos lugares onde resulte preciso, se instalarán novos sumidoiros para evitar a acumulación de augas pluviais aos lados dos badéns.

Entre asfalto e formigón mellorarase unha superficie de  4.700 m2

O total do presuposto ascende á 83.937,35? que será financiado polo PUSIM14 da Deputación de Pontevedra.

01. Rúa Mimosas

R?A DAS MIMOSAS

 

02. Travesia Avdas Namorados e Arousa

travesia avdas namorados arousa

03. Pista do Regadío

PISTA DO REGADIO

04. Camiño a Mimosas

CAMI?O A MIMOSAS

05. Condide

CONDIDE

06. Grobas

GROBAS

07. Fontaíña

FONTAI?A08. Portarraxoi

BAD?N PORTARRAXOI

09. San Lois 1

BAD?N SAN LOIS 1

10. San Lois 2

BAD?N SAN LOIS 2

11. Sagasta

BAD?N SAGASTA

 

“Traballamos todo o ano para poder facelo”.

A asociación Heroes Casal do Eirigo 1809 e o Concello de Valga volverán a recrear o sábado a batalla contra os franceses.

“Levamos traballando todo o ano para poder facelo, sacando cartos de debaixo das pedras, e iso que temos sorte porque o Concello corre con boa parte dos cartos”. Quen fala é José Lagos, presidente da Asociación Cultural Heroes de Casal do Eit¡rigo 1809, creeada para organizar a recreación da batalla contra os franceses que tivo lugar nas proximidades da Capela da Saúde hai ahora 205 anos e que empezou a celebrarse, precisamente, co motivo do bicentenario.

O vindeiro sábado, 31 de maio, terá lugar a edición deste ano, que conta con novidades respecto ao cartel inicial, xa que os famosos Xenerais do Ulla se sumarán á contenda, explica Lagos.

“Na batalla participamos unhas 70 persoas da asociación (o que veñen sendo as Alarmas de Casal do Eirigo) e acompañarán as Alarmas de Pontecaldelas e de Pontesampaio e a Asociación Voluntarios Cristo de laVictoria de Ferrol”. Unhas vinte persoas do grupo Os da Troula, de Portas, tamén asistirán vestidos de campesiños, así como os escolares do CEIP Baño. Ademais, durante o transcurso dos actos haberá unha exhibición a cargo da Asociación Artesanal Palilleiras de Valga.

Lagos explica que para reunir os fondos necesarios, aparte da achega do Concello e da colaboración da Deputación de Pontevedra, “facemos rifas, organizamos comidas de recadación, vendemos lotaría….Este ano fixemos calendarios con publicidade coa implicación dos comercios”.

Deste xeito, todo está preparado nesta aldea de Setecoros, no mesmo sitio onde tivo lugar a contenda real no século XIX.

O programa daraá comezo ás 18 horas co desfile de participantes, a recepción, a revista das tropas, o izado das bandeiras e a letura dos méritos. A continuación terá lugar a recreación da batalla e a degustación das rosquillas.

A Escola Municipal de Teatro, coa colaboración dos veciños de Valga, poñerán en escea a obra “Dádelles caña” escrita por Iria Esperón, e despois actuarán os gaiteiros de Valga Quercus e Bugalleira, de Saiar. O dúo Caché amenizará a cea/baile á que asistirán unhas 250 persoas e durante a que haberá sorteos.

Aínda que a cita se celebraba en abril, este ano atrasouse pola tardanza da Pascua e agardando que o tempo acompañe.

Diario de Pontevedra

Alcaldes de 12 concellos, a Deputación e Turismo constitúen unha mesa de traballo permanente para potenciar o Camiño Portugués cun plan de accesibilidade e outros de limpeza, sinalización e seguridade vial.

Portugues

Alcaldes de 12 concellos por onde pasa o Camiño Portugués, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a secretaria xeral de Turismo, Nava Castro, o presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Tino Lores, e técnicos da Xunta e da institución provincial acordaron hoxe constituír unha mesa de traballo permanente para potenciar esta ruta xacobea que acadou no ano 2013 os 50.000 peregrinos.

A xuntanza tivo lugar na Deputación, que será a sede da devandita mesa de traballo, á que se incorporarán en próximas reunións o xefe de Patrimonio da Xunta na provincia, para delimitar os tramos, e un representante da iniciativa privada. A mesa reunirase tres veces ó ano.

O Camiño Portugués foi utilizado por máis de 50.000 peregrinos ó longo do ano 2013, dos que preto dun 52% eran estranxeiros. A cifra representa o 20% do total de todos os camiños xacobeos polos que o ano pasado pasaron 215.000 peregrinos. O Camiño Portugués conta con 441 prazas nos albergues, <a todas luces insuficientes, polo que sería bo que se sumase a esta mesa a iniciativa privada>, dixo Louzán.

Financiamento e brigadas

Os reunidos hoxe na Deputación acordaron levar a cabo un Plan de Accesibilidade no Camiño para o que contratarán un proxecto a unha consultora e, en función del, determinar a cuantía da inversión para o que <a Deputación tén disponibilidade presupuestaria> según informou Louzán.

Outros dos acordos acadados foron realizar obras de mellora da seguridade vial no Camiño en vista dalgúns accidentes acaecidos recentemente en cruces e puntos concretos do tramo. Para esto Louzán lembrou que, ademáis das 800 prazas de traballo convocadas pola Deputación para que os concellos leven a cabo obras municipais, designaránse outras 200 para constituir 4 ou 5 brigadas que melloren a seguridade no Camiño.

Estas brigadas levarán a cabo tamén obras de limpeza e sinalización en coordinación coa Deputación e a Mesa de Traballo constituida hoxe.

Nava Castro suliñou que o Camiño <é a imaxe internacional de Galicia e conta con miles de seguidores e centos de asociacións no mundo polo que representa un potencial turístico, económico, social e espiritual que hai que coidar e potenciar>.

Prolongación a Lisboa e Faro

Pola súa banda, Louzán anunciou que, dentro dos plans futuros do Camiño e de cara ao Ano Xacobeo de 2021, estáse a estudiar a prolongación do Camiño Portugués ata Lisboa e Faro. Indicou tamén que a Xunta e a Deputación xa investiron 300.000 ? no tramo pola provincia, obras que serán visitadas en breve.

Os concellos da provincia polos que pasa o Camiño Portugués son os de Tui, Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures.

Os datos do mes de abril

No pasado mes de abril, o Camiño Portugués consolidouse como a segunda ruta xacobea, tralo Francés. Tivo 3.552 peregrinos (120 diarios) e 5.384 pernoctacións, frente aos 11.383 usuarios  e 16.921 pernoctacións do Francés. Neste mes de abril, recibiron a <Compostela> 17.348 peregrinos (8.246 españoles e 9.102 estranxeiros).

En abril, os Camiños mais transitados foron o Francés e o Portugués. O Francés foi elixido por 11.383 peregrinos, o que supón o 65,62%. O Portugués foi escollido por 3.552 peregrinos o que supón que ten un peso do 20,47% sobre o total.

O restos dos Camiños foron seguidos polos seguintes peregrinos:  Vía da Prata: 799 (4,61%); Camiño Norte: 593 (3,42%); Camiño Inglés: 509 (2,93%); Camiño Primitivo:466 (2,69%); Camiño Muxia-Fisterra cara Santiago: 29 (0,17%) e Outros Camiños: 17 (0,10%).

A ocupación dos albergues públicos integrados na Rede de Albergues da S.A. de Xestión do Plan Xacobea foi de 29.653 pernoctacións no mes de abril pasado (delas no Camiño Francés foron 16.921 pernoctacións e no Portugués 5.348 pernoctacións).

Páxina Oficial da Deputación

ADXUDICACI?N DAS OBRAS DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2013


A Deputación de Pontevedra ven de adxudicar as proxectos solicitados polo Concello de Pontecesures  do Plan Provincial de Obras e Servizos 2013.

Os proxectos solicitados son os seguintes :

1)      Adecuación do parque infantil Vicente Moure.

As obras previstas consistirán, por unha banda, na adaptación do parque ás normativas de seguridade actuais, mediante a instalación baixo cada un dos xogos dun chan brando con capacidade para absorber caídas de ata 2,20 metros de altitude. Neste caso instalaranse unhas losetas absorbentes e preparadas para a plantación de céspede en superficie. Este chan colocarase tanto baixo os novos xogos que se instalen como baixo os actuáis que se conserven.

Por outra banda, prevese substituír parte dos xogos actuais, aqueles que se atopan máis deteriorados, por 8

novos xogos adaptados ás normas vixente. En concreto, se instalarán:

– 1 casiña de xogos

– 1 tobogán

– 1 tirolina

– 2 balancíns con formas de animais

– 1 estrutura de escalada

– 2 columpios dobres (cada un deles cun asento para nenos e outro para bebés)

A actuación completarase coa plantación do céspede sobre as losetas e coa colocación dun novo cartel informativo na entrada do parque xunto a casa do concello.

DSC04278

A obra foi adxudicada á empresa Lappset España VR, SL por un importe total de 46.723,93?

1)      Actuación de aforro enerxético na rede de alumeado público

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación que consiste na substitución de luminarias na rede de alumeado público de varias rúas do municipio (AVDA. JOS? NOVO N??EZ, AVDA. DE VIGO, CAMI?O DE SAN XULIÁN, R?A DO CASTRO, R?A MIGU?NS PARRADO, R?A NOVA, R?A ULLÁN, R?A DO RIAL E PRAZA DE PONTEVEDRA)  co fin de reducir o consumo enerxético actual. Tamén está previsto completar a rede actual coa instalación de 10 novos puntos de luz en rúas con deficiente iluminación.

A actuación de aforro enerxético afectará a circuítos completos, regulados mediante 4 cadros de mando e sobre os que tamén se actuará para adaptalos aos novos equipos que se instalarán. As rúas afectadas son:

– Avda. José Novo Núñez – tramo 1 (entre ponte e camiño de San Xulián)

– Avda. José Novo Núñez – tramo 2 (entre camiño de San Xulián e avda. de Vigo)

– Avda. de Vigo

– Camiño de San Xulián

– Rúa do Castro (primeiro tramo desde a rúa do Pilar)

– Rúa Miguens Parrado

– Rúa Nova

– Rúa Ullán (o tramo entre rúa San Lois e a avda. de Vigo)

– Rúa do Rial (primeiro tramo desde a avda. de Vigo)

– Praza de Pontevedra

Actualmente estes viais contan con luminarias de vapor de sodio, cun alto consumo (150 e 250 W).

As luminarias viais substituiranse por luminarias LED coa potencia necesaria, as luminarias tipo globo substituiranse por unhas novas luminarias e as luminarias ornamentais (tipo villa, palacio, ?) substituiranse e adaptaranse para instalar novos módulos LED.

Ademais de cambiar o vapor de sodio por LED, para adaptar toda a instalación ás novas necesidades, serápreciso reformar parcialmente 3 dos centros de mando e totalmente o cuarto, coa instalación ou adaptación de reloxos astronómicos, adecuación dos cadros de protección e as acometidas, renovación das envolventes dos cadros, ?

Tamén será preciso optimizar os contratos de subministro de enerxía, de acordo cos novos consumos previstos.

Por outra banda, instalaranse 10 novos farois co seus correspondentes postes de formigón, cableado, soportes, caixa de conexión, fusibles, ? e se distribuirán tres no parque xunto ao campo de fútbol, dous nunha pista na zona de Redondo, catro no tramo final da pista do Regadío, e un na travesía entre a pista do Regadío e a rúa do Ensanche.

A obra foi adxudicada á empresa Setga, SLU por un importe total de 59.400?

ALUMBRADO 2
ALUMBRADO 1

ALUMBRADO 3

 

ALUMBRADO 4

 

ALUMBRADO 5

ALUMBRADO 6

 

O Concello destinará os 119.910,23? do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestructuras Municipais 2014 da Deputación na Renovación das redes de abastecemento e saneamento na rúa Doutor Mosquera e no Asfaltado de 9 zonas do Concello

1º) Renovación das redes de abastecemento e saneamento na rúa Doutor Mosquera

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de renovación das redes de abastecemento de auga e de saneamento na rúa Doutor Mosquera.

A rúa Doutor Mosquera é unha das principais vías do concello, xa que une a zona de Redondo e a estrada N.550 co barrio de Condide e as rúas do Ensanche e do Regadío. Ademais, a rúa soporta as liñas principais da rede de abastecemento de auga desde a depuradora municipal ata o núcleo urbano.

Actualmente, as canalizacións de abastecemento están nun estado moi precario. Trátase de tubos de fibrocemento con moita antigüidade, e que están sometidas a unha importante presión, o que fai que sufran roturas con moita frecuencia. Esta situación tradúcese na necesidade de realizar constantes reparación que supoñen non só un custo económico moi elevado, senón tamén unhas interrupcións periódicas no servizo de abastecemento a unha parte importante da poboación do municipio. Na reportaxe fotográfica adxunta obsérvanse varias das zonas nas que foi necesario demoler os pavimentos para chegar ata a canalización para a súa reparación.

Na obra prevista instalarase unha nova canalización de PVC ?200, de ata 16 atm. de presión, para o abastecemento de auga potable, quedando anulada a actual condución de fibrocemento pola marxe esquerda da rúa.

Por outra banda, a rúa conta unicamente con canalización de saneamento mixta, que leva tanto pluviais como fecais. Esta situación, que se repite noutros tramos da rede de saneamento do concello, está a provocar unha saturación da estación depuradora de augas residuais, e un incremento nos custos de todo tipo (enerxéticos, de mantemento, ?), xa que o caudal recibido pola EDAR vese incrementado respecto do estritamente necesario cun aporte importante de augas pluviais, coas repercusións ambientais que isto leva consigo. ? por isto que resulta preciso instalar un sistema separativo nesta rúa que permita, xunto con actuacións posteriores, reducir a aporte de pluviais á estación depuradora.

Na obra prevista instalarase unha canalización de PVC ?315 para conducir as pluviais, xunto cunha serie de arquetas de conexión e de sumidoiros. A canalización actual conservarase para que por ela circulen unicamente fecais. Unha vez realizada a obra pavimentarase cunha nova beirarrúa de formigón pulido.

 

O presuposto desta actuación ascende a 57.974,84?

1

 

2

2º) Actuación de asfaltado en 9 zonas (R?AS DO CAMPO, MIMOSAS, DO ENSANCHE, OTERO ACEVEDO, AGRO DO MUÍ?O, CARLOS MASIDE, PATIFAS, MIGUENS PARRADO E CORTINALLAS).

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de ampliación e mellora en nove camiños municipais, actuacións necesarias para conservar e mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se vai actuar.

As obras consistirán, maioritariamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura sobre a existente, moi deteriorada, para o cal previamente haberá que proceder á limpeza das zonas e marxes, e ao bacheado das fochancas. No caso da rúa do Campo, ademais de renovar a capa de rodadura, ampliarase a zona pavimentada incorporando as marxes existentes.

Os asfaltados realizaranse cunha capa de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluído o rego de adherencia. Nas zonas ampliadas o asfaltado realizarase sobre unha capa de zahorra artificial.

Será preciso axustar a cota das tapas das arquetas existentes ao nivel final do novo asfalto. No caso das rúas Patifas e Carlos Maside, será preciso, asemade, realizar unha canaleta de formigón pulido in situ que permita recoller as augas á vez que rebaixar o nivel da zona de rodadura no seu encontro cos bordos das beirarrúas.

As zonas de actuación as denominaremos da seguinte maneira:

01. Rúa do campo.

3

4

02. Rúa Mimosas.

5

6

03. Rúa do Ensanche.

7

8

04. Cortinallas

9

10

05. Rúa Otero Acevedo

11

12

06. Rúa Agro do Muiño

13

14

07. Rúa Carlos Maside

15

16

08. Rúa Patifas

17

18

09. Rúa Miguéns Parrado

19

 

20

 

Como se pode apreciar, todos os camiños contan actualmente con pavimento asfáltico en mal estado, e en todos os camiños atopamos numerosas tapas de arquetas que deberán adaptarse ao novo pavimento previsto.

 

O presuposto desta actuación ascende a 61.935,39?

Campamentos de verán A LANZADA 2014 da Deputación de Pontevedra.

 

triptico Lanzada 2014_Página_1

Campamentos de Verán A LANZADA 2014.

Prazo de presentación de solicitudes ata o 1 de abril.

Para nenos/as nados entre os anos 2001 e 2006.

Máis información no Servizo Social Comunitario deste concello de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas.

Descarga do Bando informativo e formularios de solicitude e inscrición no seguinte enlace:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=597