Aclaracións sobre a obra ??Adecuación do parque Infantil Vicente Moure?

Tras as críticas recibidas polo voceiro do PP pola suposta ??falta de previsión? na obra  ??Adecuación do parque infantil Vicente Moure? este equipo de goberno quere matizar o seguinte:

1º Foi a Deputación de Pontevedra a encargada de adxudicar directamente a obra á empresa Lappset España VR S.L.: en todo caso debería pedirlle responsabilidades á Deputación.

2º Con data 25 de abril de 2014 recíbese no Concello (rexistro de entrada 811) a confirmación da adxudicación á empresa Lappset España Vr S.L. da obra do parque infantil Vicente Moure.

3º O día 5 de maio a empresa Lappset e a Deputación firman o contrato da obra no que por lei a empresa ten un mes para comezar a obra e outro mes para rematala.

4º O día 5 de xuño, tal e como marcan os prazos, a empresa comeza a obra. Ten un mes para rematala, pero tras as conversas do equipo de goberno coa empresa consíguese que se remate o día 27 de xuño acortando nunha semana o prazo establecido pola Deputación.

5º Polas propias características do proxecto é preciso gardar o tempo necesario para que a herba medre o suficiente para cumprir a súa función.

Erra o voceiro do PP en criticar ó Concello xaquelogo debe dirixir as súas queixas ó Organismo que se encarga da adxudicación que neste caso é a Deputación de Pontevedra.

Respecto á herba supoño que non será culpa do equipo de goberno , nin da Deputación que non medre ó ritmo que quere o voceiro do PP xa que a natureza e a climatoloxía ??son así de caprichosas?.

El gobierno cesureño echa la culpa a la Diputación del cierre del parque infantil.

OBRAS PARQUE CONCELLO CESURES /

El equipo de gobierno cesureño salió ayer al paso de las críticas realizadas por el portavoz del PP sobre el cierre del parque infantil Vicente Moure. Así puntualiza que ??foi a Deputación de Pontevedra a encargada de adxudicar directamente a obra á empresa Lappset España VR S.L., polo que, en todo caso ,debería pedirlle responsabilidades á Deputación?. El gobierno liderado por Manuel Luis Álvarez Angueira detalla con un cronograma los pasos que se siguieron en dicha obra. ??O día 5 de maio a empresa Lappset e a Deputación firman o contrato da obra no que por lei a empresa ten un mes para comezar a obra e outro mes para rematala?, apuntan.
Fuel el pasado 5 de junio cuando la empresa comenzó las obras que finaliza antes de lo previsto el 27 de junio. ??Polas propias características do proxecto é preciso gardar o tempo necesario para que a herba medre o suficiente para cumprir a súa función?, explican. Así, concluyen que ??o voceiro do PP erra en criticar ó Concello xa que debe dirixir as súas queixas ó organismo que se encarga da adxudicación que neste caso é a Deputación de Pontevedra?. Respecto, a la hierba ??supoño que non será culpa do equipo de goberno, nin da Deputación que non medre ó ritmo que quere o PP xa que a natureza e a climatoloxía son caprichosas?.

Diario de Arousa

CURSO DO PROGRAMA ACTÍVATE DA DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA EN PONTECESURES: COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES.

logodepo

 

Ao abeiro do Programa ACTÍVATE-CURSOS XUVENTUDE 2014 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 40 horas de COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES. O curso desenvolveráse nos meses de novembro e decembro de 2014 e/ou xaneiro e febreiro de 2015 na AULA T.I.C.  do semisoto da Casa do Concello. Os requisitos para participar neste curso son: residir en Pontecesures (se hai prazas vacantes poden participar persoas non residentes en Pontecesures) e ter entre 16 e 35 anos (ambos inclusive).

Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude  acompañarase de fotocopia do DNI e tarxeta de demandante de emprego (de selo caso, non sendo requisito imprescindible). O prazo de inscrición é dende o 23 de xullo ata o 10 de setembro.

No seguinte enlace pódese descargar o modelo de solicitude de inscrición para participar no curso.

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=641

 

Unha Fundación Rosalía máis aberta.

aan

A Fundación Rosalía de Castro vén de celebrar o acto conmemorativo do pasamento da escritora, un 15 de xullo de hai 129 anos, na Casa-Museo de A Matanza, en Padrón. Alí, o presidente da entidade, Anxo Angueira, aproveitou para lembrar que, despois da conmemoración no 2013 dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, «a vida e os camiños» da fundación rosaliana continúan, por novos «horizontes».

Entre eles, para seguir «modernizando a Casa– Museo de A Matanza e incorporando novas obras, algunhas en propiedade e outras en cesión», di. Así, desde xaneiro deste ano, «a Casa de Rosalía é outra», segundo Anxo Angueira, debido a que a ela regresou a autora retratada en Lestrobe arredor do ano 1880 no «extraordinario óleo» de Brocos.

A volta do cadro foi posible, segundo afirmou Angueira, grazas a xenerosidade da Deputación, as xestións do alcalde de Padrón e ao proxecto intelectual de Pepe Barro. Namentres, no proxecto de modernización museográfica para a planta baixa, a fundación agradece as xestións ao alcalde de Rois diante da Deputación, entre outros recoñecementos.

Relación social e institucional

Anxo Angueira asegura que «a vida e o labor» da Fundación Rosalía de Castro «está sempre vinculado á súa relación social e institucional»: cos concellos veciños da Terra de Iria, en especial co de Padrón, ao que lle agradece ao seu apoio; con asociacións locais ou nacionais, desde o colectivo de Nais e Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual do Sar (Amipa); o club de lectura Lecras de Dodro; a Revista Galega de Educación ou a Casa Museo de Camilo Castelo Branco ou á de García Lorca.

Para o responsable da fundación, «non hai outro camiño có da apertura social e a colaboración» porque «Rosalía está aquí, na Matanza, pero a súa casa está e é de toda Galicia», di Anxo Angueira.

La Voz de Galicia

Outro recorte máis: Pontecesures sen servizo de educación familiar.

A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Pontecesures unha subvención de 7.506,50 para contar dende primeiro de ano cun traballador á fronte do Servizo de Educación Familiar (contrato a media xornada), debendo achegar o concello a cantidade restante para asumir o salario e os custos sociais do traballador.

Pois ben; non se contratou ao traballador e non se puxo en marcha o servizo privándose do mesmo a un número de familias de Pontecesures, as de recursos máis escasos. Agora hai que devolver á Deputación o importe da subvención que foi solicitada no seu día polo concello para este fin.

Non entende a supresión do servizo de educación familiar a ACP. Un goberno que fala de progresismo e de axudas para os máis necesitados, deixa na estacada ás familias máis humildes. Moito criticou o grupo de goberno os recortes da Xunta de Galicia nos serivzos sociais e cando a Deputación concede axudas deste tipo son rexeitadas. Ao concelleiro de Servizos Sociais, Roque Araújo, parece que só lle importa a ludoteca (non hai día non letivo sen este servizo), deixando abandonados aos usuarios da biblioteca no verán (a instalación permanece pechada durante este mes) e aos do servizo de educación familiar.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

A Biblioteca Muncipal de Pontecesures, outra vez pechada.

Despois de estar pechada unha boa tempada a principio de ano por unha baixa médica da traballadora encargada do servizo, neste mes de xullo de 2014 permanece pechada a Biblioteca Municipal de Pontecesures situada na rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”, agora polas vacacións da traballadora.

Tampouco o goberno local vai contratar a ninguén para que o centro siga aberto durante o verán. Parece que as críticas dos usuarios danlle o mesmo, e así resulta lamentable o feito de que se suspenda o servizo de retirada de libros (fundamental para os escolares que precisan recuperar materias) ou o servizo de “Internet nas bibliotecas” que utilizan moitos peregrinos que pasan pola nosa vila percorrendo o Camiño Portugués da Ruta Xacobea.

Xa a asociación de bibliotecarios de Galicia criticou en febreiro pasado a política deficitaria do goberno municipal de Pontecesures no eido cultural sobre todo nesta época de crise económica, pero o goberno fixo caso omiso. Logo de recibir varias subvencións ao 100% da Deputación e da Xunta para fomento de emprego contratando persoal, non é quen de enviar a ningún traballador administrativo á biblioteca para mantela aberta todo o verán.

En fin; que temos ás outras administracións tratando de adoptar medidas para manter no posible os servizos, mentres o goberno local de Pontecesures critica os recortes pero en realidade elimina este servizo básico sen dar máis explicacións. Moito falar de progresismo e de cultura, pero dos usuarios da biblioteca non quere saber nada.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures