Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sucesos

Rompen unha porta de cristal de entrada á Casa do Concello.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Na pasada madrugada, uns descoñecidos romperon unha porta de cristal do edificio da Casa do Concello (non a principal fronte o parque infantil, senón a outra).
En concreto, foi arroxada contra a porta de cristal unha pedra e unha botella de cervexa (unha “Coronita”).
Nas próximas horas presentarase a correspondente denuncia no Cuartel da Garda Civil de Valga.

Máis sobre isto

4 comentarios

  1. Paspallas

    ¡andanche cerca Sabariz! non saes do concello e xa te mandan unha coronita pola porta, ou iría para mareque que tamén anda polas noites…

    Responder
  2. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Non inventes, “Paspallas”. Foi unha desagradable gamberrada de noite de sábado. A “Coronita” foi arroxada con rodaxa de limón e todo.

    Responder
  3. Antonio Cortés

    Gracias ás varias informacións chegadas a esta web, e ca axuda do equipo de infografía, tras unha dura xornada de recostrucción dos feitos ca axuda da última tecnoloxía 3D, temos un retrato robot:

    Responder
  4. Tiroliro II

    En cesures ademaís dos botellóns, tamen temos agora a cultura do botellazo. Sabariz xa che dixen que te foras largando da política..,falando de botellas non sei se saberás que o famoso día da elección da Sacapìeles os do BNG tomaron champán no Bar Taxi, algún sentoulle como un veneno, pero se te collen a tiro mandache a botella do cava dereitiña… ahueca, ahueca dunha vez…

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.